Somos conscientes de que dependemos da natureza, e somos responsables polo seu estado de conservación. Ignorar esta verdade equivale a autodestruirnos, porque ó degradar o medio ambiente estamos empeorando a nosa calidade de vida.
Por iso poñemos tódalas ansias en coidar dela e dos nosos animais. Por iso creemos na importancia da alimentación ecóxica e decidimos ser partícipes nela.
ECOLEIA é unha marca que nace como resultado dun traballo que comezou alá polos anos 80; naquel entón puxéronse as primeiras pedras de S.A.T. Torneiros, unha empresa, un proxecto, unha ilusión que cos anos, co esforzo, coa experiencia, coa fe e coa natureza, coa sabia natureza que sempre nos apoia e nos da moito máis do que recibe, pois logramos crear ECOLEIA .