A diferencia co leite “normal” é, en resumidas, que en ningunha das fases do proceso productivo da leite utilizanse axentes químicos, nin nas leiras nas que pastan as nosas vacas, nin na mezcla de cereais que comen que está elaborado tamén de forma ecolóxica nin a auga que beben.
O leite de Ecoleia mantén tódalas propiedades porque só é pasteurizado de forma suave, é dicir, partimos de que o leite está a 4 graos (no tanque de frío) elévase ata 75 graos e volve baixarse a 4 (todo este proceso faise moi rápido), esto fai que o leite non perda ningunha propiedade. O que podemos comprar nos supermercados está uperizado que é outro sistema distinto o da pasteurizació que eleva a temperatura moito mÁs facendo que o leite perda parte das suas propiedades.
Nada de conservantes nin colorantes, tódalas propiedades, case case da vaca o vaso; leite de verdade.